Unha pila de materiais moi útiles para descargar. Tes moito onde elixir!

Colorea

Ponlle as Pilas ao teu bocata

Campaña de obradoiros itinerantes nos campamentos urbanos e competicións deportivas dos concellos participantes, deseñada pola Consellería do Mar coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Sanidade e ANFACO-Cecopesca, para pór de relevo unha das múltiples virtudes das conservas de produtos do mar: o seu valor nutritivo como fonte de enerxía.

Descarga o arquivo seguinte, imprimeo para colorear e risca os elementos que non debería conter.

Para colorear 01
Le

Naufraxio en Conserva

Autora: Nati Borrajo

Ilustracións: Dani Padrón

 

CAPÍTULO 1

Mario, Mariña e Antía

 

A noite de San Xoán é máxica: é a máis curta do ano, marca o inicio dunha estación e sempre coincide coas merecidas vacacións de verán! Ese verán comezaba antes ca ningún outro. A familia de Mariña e a de Antía e Mario decidiron facer unha viaxe en barco nada máis rematar a escola, e pasarían esa noite máxica no medio do mar...

para colorear 02