Accesibilidade

Declaración de accesibilidade

A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web Ponlle as pilas ao teu bocata.

 

Situación do cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 por mor das excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se achegan a continuación.

 

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. Falta de conformidade co RD 1112/2018:
    • Os vídeos da canle de Youtube non contan con subtítulos que poidan ser utilizados polas persoas que así o precisen [requisito número 9.1.2.2 Subtítulos (gravados) de EN 301549 v2.1.2 – 2018]
    • Existen contidos ocultos que só poden ser visibles facendo uso do rato [requisito número 9.2.1.1 Teclado de EN 301549 v2.1.2 – 2018]
    • As cores utilizadas no menú de navegación principal poden dificultar a súa utilización en determinadas condicións lumínicas [requisito número 9.1.4.3 Contraste (mínimo) de EN 301549 v2.1.2 – 2018]
    • Nas páxinas con xogos repítese o texto da ligazón de xeito que fóra dese contexto resulta complicado entender o seu propósito [requisito número 9.2.4.4 Propósito das ligazóns (en contexto) de EN 301549 v2.1.2 – 2018]
  2. Carga desproporcionada: non aplica.
  3. O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: non aplica.

 

Preparación da presente declaración de accesibilidade

Esta declaración foi preparada o 14 de outubro de 2019.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Última revisión da declaración: 14 de outubro de 2019.

 

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018) como informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de xeito electrónico, telefónico ou presencial.

As comunicacións serán recibidas e tratadas pola Xunta de Galicia.

 

Procedemento de aplicación

O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.

 

Data de última revisión

A última revisión de accesibilidade foi realizada o 14 de outubro de 2019.

 

Ligazóns relacionadas